101 razóns para que veñas á Feira do Viño!

Parecía que non daba chegado o día… e xa estamos na LI Feira do Viño do Ribeiro! Ás sete da tarde inaugura esta edición como pregoeiro Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e logo, a desfrutar do viño máis cantareiro e bailadeiro de Galicia en toda a súa plenitude!

Dámosche 101 razóns para non perder esta festa:

Tés que vir para coñecer ao Cociñeiro do Ano, para visitar o Castelo dos Sarmiento, para mercar dulces na Tafona da Herminia, por pasear polo Barrio Xudeu, por tomar café na Praza Maior, para ir ata as termas de Prexigueiro, para bañarte no Avia, para comer polbo con pan de Cea, para ver “Graffiti en vivo”, para ver a maxia do Mago Teto!, para ir en tren polos viñedos, para estar ao fresco na Alameda, para comer rosquillas das Bouzas, para ir ao Mercado, para bailar e cantar nos concertos, para coñecer a Rectoral de Santo André, para ver ximnasia rítmica, para ver aos meniños facendo doces, para atopar parella se tes sorte! jeje, e como non… para beber viño do Ribeiro!!

Quedas convidado! 😉

Viño e gastronomía, da mán na 51 Feira do Viño

A gastronomía terá un peso importante dentro da 51 edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará en Ribadavia os días 2,3 e 4 de maio. Un día logo da inauguración da Feira comezarán as sesións de showcooking, con talleres de cociña, cun concurso das escolas de hostelería de Galicia utilizando os viños do Ribeiro, ademais de cociña infantil e ata de repostería creativa.

O “Cociñeiro do Ano en Galicia” Diego López ofrecerá un showcooking o día 3 de maio pola tarde.

PROGRAMA ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS
“SHOWCOOKING 51ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”
Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

Sábado, día 3 de maio
13.00 h Conferencia inaugural e Presentación Xornada Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

13.15 h Taller de cociña “Creatividade con viños de Ribeiro”*
Imparte: Rafael Centeno, cociñeiro do Restaurante Maruja-Limón (Vigo), Grupo Nove (Estrela Michelín)

17.00 h Concurso Escolas Hostelería de Galicia “Cociñar con viño de Ribeiro”
Participación dos representantes das tres Escolas de Hostelería finalistas do concurso.

20.00 h Taller de cociña “Clasicismo e Evolución no Ribeiro”*
Imparte: Diego López, cociñeiro do Restaurante A Molinera (Lalín), Premio “Cociñeiro do Ano de Galicia 2014”, no Fórum Gastronómico A Coruña 2014.

Domingo, día 4 de maio
12.30 h Blog-Cooking “Sabores e aromas do viño de Ribeiro”.
Participación de 3 bloggers gastronómicos que elaborarán, en directo, tres pratos, cun ingrediente común: o viño do Ribeiro.

17.00 h Taller de cociña infantil: “Repostería Creativa”
Imparte: Paula Ruiz Igrexas, responsable de Lambonarte.

19.00 h Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.
Presentación do resultado do concurso da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.

*Estas actividades serán de pago:
Persoas desempleadas: 2 € (presentar tarxeta demandante emprego)
Público en xeral: 4€
Compra de entradas:
– Días previos: Oficina de Turismo de Ribadavia (Tlf. 988471275)
– Días Feira: No recinto, stand tickets.

Aforo limitado.

O recinto da Feira do Viño deste ano colga o cartel de “Completo”

Desta volta, antes de que concluíse o prazo, 21 colleiteiros e 8 adegas completaron o cupo de expositores da 51 edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará en Ribadavia entre o 2 e o 4 de maio.

A cita levantou bastante expectación, e mesmo dende o Concello, en calidade de organizadores da feira en colaboración co Consello Regulador do Ribeiro, se amosou a súa “satisfacción co proceso, xa que este ano as adegas e colleiteiros participantes realizaron a inscrición con antelación ao remate do prazo, motivadas polo seu interese en formar parte dun evento gastronómico que cada ano que pasa está a ter máis importancia e prestixio a nivel nacional”.

As adegas, colleiteiros e organizadores seguimos a traballar na planificación deste evento que congregará a milleiros de #winelovers na capital comarcal en menos de dous meses.

Agardámoste alí!

Fontes: Benbo.eu, Ribeiro Dixital, La Voz de Galicia