Rexurde a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro cunha vocación internacional

image

A Asociación presentouse ao público no Nautico de Castrelo, á beira do río Miño

Organizar e participar en accións promocionais para fomentar a imaxe do colleteiro, dando a coñecer a calidade e personalidade propia dos seus viños, e asegurar o relevo xeracional nesta profesión no Ribeiro.

Estes son os obxectivos principais cos que vén de relanzarse a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro, cuxas orixes se remontan a 1998, cando nacía como entidade sen ánimo de lucro. Sen embargo, o “proxecto inicial foise diluíndo co paso dos anos ata que a principios de 2015 decidiuse relanzar a asociación, culminando este proceso este mes de xuño coa elección dunha nova xunta directiva”.

O novo equipo directivo destaca pola súa xuventude, cunha media de idade de 32 anos, e deste xeito reflíctese a “esa aposta polo relevo xeracional dos colleteiros”. O seu presidente é Brais Iglesias (Bodegas Val do Souto), de 28 anos; o seu videpresidente, Manuel Formigo ten 35 anos; mentres que o secretario, Alejandro Montero (Bodegas Antonio Montero), ten 23; o tesoureiro Alfredo Fernández (Adega Pousadoiro), 49, e o vogal Mauro Estévez, 25.

Entre os seus socios, esta entidade inclúe, segundo explican, “a dúas xeracións: aos colleteiros máis maiores, que aportan a súa ampla experiencia e sabio consello, xunto a unha nova xeración que na súa maioría ten estudos universitarios” e que “quere explorar novos horizontes, buscar novos mercados onde dar a coñecer a figura do colleiteiro e a rexión do Ribeiro”.

Dende esta asociación tamén se agradece a colaboración neste proxecto do Concello de Castrelo de Miño, que lle cedeu de forma gratuíta unha oficina, ademais de pór á súa disposición “unha sala de xuntas e unha zona de exposicións”.

O Nautico de Castrelo comeza unha nova etapa!

Dende hoxe, 28 de marzo, estarán en funcionamiento, e completamente renovadas, as instalacións de servizos do Parque Náutico de Castrelo de Miño. Cafetería, restaurante, viñoteca, sala de reunións e eventos e unha variada oferta de actividades para poñer en valor o enorme potencial do “mar interior” do Ribeiro.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Un deseño moderno e funcional, produtos de calidade e un trato agradable serán as señas de identidade deste novo espazo ao servizo de veciños e visitantes. Si precisas organizar un evento, un xantar de empresa, unha celebración familiar ou descubrir a riqueza vitícola do Ribeiro acabas de atopar o lugar axeitado.

Sigue ao Parque Nautico en: Facebook, Twitter, Web