VII Curso Cata de viños: Ribeiros do Avia e Ribeiros do Miño

O Centro UNED de Ourense organiza os días 10,11,12, 17 e 18 de decembro en Ribadavia un curso de 10 horas de Cata de Viños: Ribeiros do Avia – Ribeiros do Miño, en horario de 19,00 a 21,00 horas. Será impartido por Xosé Manuel Martínez Juste, presidente da Asociación Galega de Enólogos e o seu prezo será de 35 euros por participante, cun máximo de 25 prazas.

Trátase da séptima edición deste curso, que se impartirá nas instalacións do Club Artístico de Ribadavia. Os responsables da UNED sinalan como obxectivos ‘aprender de viños, a técnica de cata coas súas diferentes fases: visual, olfativa e gustativa; como se fai o viño; tipos e maridaxes’. O curso de iniciación á cata está orientado a aprendizaxe dos principios básicos da mesma para entender de viños de forma práctica e entretida.

vii curso de cataPrograma:
– Martes 10 de decembro
O Ribeiro no contexto histórico. Chan, climatoloxía e variedades.
– Mércores 11 de decembro
Características dos viños da ribeira do Miño.
– Xoves 12 de decembro
Características dos viños da ribeira do Avia.
– Martes 17 de decembro
Cata comparativa das duas subzonas
– Mércores 18 de decembro
Visita e cata de vinos en adegas das duas subzonas.

Ántes de proceder á matrícula, consulta no teléfono 988-371444 a dispoñibilidade das 25 prazas ofrecidas.
Descarga o Pdf: Curso Cata de Viños: Ribeiros do Avia e Ribeiros do Miño

III Xornadas Micolóxicas de Castrelo de Miño

Adega María do Pilar colabora, xunto coas adegas Pousadoiro e Eduardo Peña, nesta terceira edición das Xornadas Micolóxicas que se celebran o domingo 10 de novembro en Castrelo de Miño e que organiza o Concello.

iii xornadas micoloxicasPROGRAMA

10:00: Charla informativa.

12:00: Visita guiada ó monte de Santa Lucía e asesoramento para recoller cogumelos.

13:30: Presentación adegas da Ruta do Viño do Ribeiro en Castrelo de Miño e cata dos seus viños.

14:30: Descanso para comer.

16:30: Clasificación dos cogumelos recollidos.

Inscrición: no teléfono 647 212 228 ou no 988 493 000

Prezo: 5€

Todos e todas as participantes recibirán un agasallo conmemorativo.

Anguía, manxar do Miño

No corazón do Ribeiro, alí onde “o pai Miño” protagoniza a vida galega, naquel lugar onde a paisaxe se adorna de cultivos de vide que ocupan soleadas ladeiras, alí onde agora se levantan presas que embalsan a auga, a anguía foi unha abundante especie que en tempos antigos era un produto de subsistencia e que actualmente se converteu nun apreciado bocado para exquisitos padais.

anguiasA construción dos encoros no Miño a punto estivo de remataren coa especie, dadas as dificultades de remonte da anguía polas prefabricadas canles, onde a miúdo os exemplares morrían pola presión da auga ou por efecto das turbinas. Hoxe, conscientes da importancia da anguía, anualmente son rescatadas miles delas e axudada pola man do home a remontar os ríos galegos para que o seu ciclo vital poida seguir adiante. E así percorren -ao alcanzar a súa madureza- durante case un ano máis de 4.000 kms., chegando ao mar dos Argazos onde se aparean, desovan e morren. Afortunadamente, as pequenas crías emprenden a viaxe para regresaren ao río dende onde partiron as súas nais e continuar a deleitarnos.

Cóntanos D. José Cornide no seu “Ensayo de una historia de los peces” (1788) que “se serven as anguías frescas, fritas, guisadas e empanadas; pero cando son de proporcionado tamaño ásanse sobre as grellas, rebozadas en follas de loureiro ou parra, e aderezadas cun pouco de limón e pementa… “.

Cónstanos que en casas da zona aínda existe a tradición de degustalas cocidas ou en empanada, nós gozámolas sinxelamente fritidas: crocantes, substanciosas… Delicada carne de suave sabor, se tes a oportunidade non deixes de saborear este peixe con corpo de serpe, estou convencida de que te conquistará. Outro día falaremos da cría da anguía, a cotizada angula, pero esa é outra historia…

Publicado en: Benbo.eu por  Mercedes Blanco (La aprendiz de chef)