A Vendima 2015 xa está aquí!

Outro ano máis comezamos a vendima na Adega. Desta volta de xeito moito máis anticipado, pois aínda hoxe é 14 de setembro!

As condicións climatolóxicas deste ano fixéronnos adiantar a vendima, pois a maduración dos racimos estaba moi adiantada logo de todos estes meses de calor e de escasa choiva. Cuns azúcres e unha acidez moi compensados, agardamos que esta volva ser unha colleira excelente!

Mira a galería completa de imaxes neste enlace: Vendima 2015

Agora que xa remata o verán e por fin virá o frío toca traballar duro na adega!

Saúde 😉

La Voz? no no! As voces de Os da Ría en “Íntimos”

O Café Cultural Auriense e Os da Ría organizan para a noite deste venres 27 de setembro, o concerto máis trangalleiro, dende o territorio do absurdo, da crítica máis ácida e da parodia da vida social, cultural e política do país, nun espectáculo ao que o público nunca é indiferente. Será ás 21.30 horas no senlleiro café situado na Praza do Correxidor.

osdaria+intimos+aurienseE quen mellor para presentarvos o concerto que Tomás Lijó e Carlos Meixide!:

Sempre é un góstele grandeiro volvedelar as terras de as Búrgolas, e é en aisí que enquereimos compartilladelar con o noso púbrico ourensán unha xonrada úñeca, íntima e sobranceira, para que coaseque nos podaimos tocadelar, bicadelar e nos funtarmonosnos cremita. Este vénroles, edeseguro que vai ser ben gorencioso, non falteindes!”

E agora, con toda esta información… aínda non mercastedes a entrada?

Reservas: Café Cultural Auriense