Calendario de visita ás Adegas do Ribeiro, verán 2013

Dende Adega María do Pilar e grazas á Ruta do Viño do Ribeiro, poñémos á vosa disposición este calendario onde poderás consultar as adegas do Ruta do Viño do Ribeiro que programan visitas para as fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro. Nel podes consultar os horarios de Visita, e ademáis na páxina web da Ruta outros moitos datos máis como mapas, teléfonos de contacto, direccións de correo, páxinas web, etc.

Recorda que a nosa adega podes visitala xa estes días 28 e 29 de xullo, cun horario de 12:00 a 18:30 o sábado e mediante reserva o domingo. Se queres máis datos sobre como chegar e facer as reservas consulta pinchando neste texto.

Descargas: Calendario visita Adegas Xullo-Setembro 2013

Merca o Pack Senlleiro + Disco Díscolo na Tenda da Despensa!

Edición Especial: Pack Senlleiro + Dísco Díscolo

pack senlleiroSé orixinal e agasalla ós teus, ou a ti mesmo co auténtico e inimitable pack de Os da Ría e Adega María do Pilar! Un pack composto por o Disco Díscolo que reune “ese conxunto de xites que compunxen a banda soora dos vosos sóñolos e dos vosos recórdolos”, e 3 botellas do Ribeiro máis  Senlleiro súper edición especial! “Se os cataláns teñen o cávola e os franceses teñen o champaña, os galegueiros e as galegueiras tamén debemos ter o nosos viño propio pos nosos bríndeles, e ese e o viño Senlleiro, o viño máis cantareiro e bailadeiro!”.

Xa á venda na Tenda da Despensa, ademáis de en SANTIAGO (Tenda De Cotío, Cafe Bar 13 e Cafe Bar Puente), en OURENSE na Tenda Wasabi (centro Comercial Pontevella, ao lado de as taquilas dos cines), en SARDIÑEIRO no Restaurante Lestón e en MOAÑA na libraría O Pontillón.

Prezo unidade: 24,79€Añadir a carrito
I.V.E. non incluido


O pack navideño máis Senlleiro xa á venda en Wasabï, no C.C. Pontevella

Non sabes con que agasallar ós teus seres queridos neste Nadal?!

Calcetíns, garabatas, fulares, xerseis, blusas… sé orixinal e agasallaos co auténtico e inimitable pack navideño de Os da Ría e Adega María do Pilar! Un pack composto por disco, 2 botellas do Ribeiro máis  Senlleiro súper edición especial e unha botella do tinto máis Rechamante, xa á venda en Wasabï Shop Ourense, na pranta de ocio do centro comercial Pontevella.

A que agardas para visitar Wasabï?! a tenda cun mix de cousas güais para os que non se conforman co de sempre 😉

O pase de diapositivas require JavaScript.


(E ademáis á venda en: SANTIAGO (Tenda De Cotío, Cafe Bar 13 e Cafe Bar Puente), SARDIÑEIRO no Restaurante Lestón e en MOAÑA na libraría O Pontillón. )