Comeza o ano do xeito máis doce!

Queremos que entres con bo pé neste 2014! E que mellor maneira de conseguilo que compartindo contigo tres receitas de doces do máis golosos? Ensina a túa vea reposteira no día de Reis escollendo entre esta selección de sobremesas que publicamos con anterioridade no blog, son do máis sinxelas de elaborar!

Mira a receita da Rosca facendo click na imaxe.

Mira a receita dos Exipcios facendo click na imaxe.

Mira a receita das Torradas facendo click na imaxe.

E se queres compartir ou imprimir as receitas non dubides en descargalas no noso: Receitario

 

E para a semana santa, unhas “torradas de leite”.

Esta sobremesa tradicional elabórase dende o século XV para aproveitar o pan duro que se deixaba amolecer no leite para poder aproveitalo. Era un doce humilde, que pola súa consistencia axudaba a encher o bandullo e evitar así a tentación de consumir carne en coresma. Podíanse elaborar de moitas maneiras, con viño, con mel, mesmo con auga se chegaban a enchoupar se a economía familiar andaba moi xusta.

Aquí presentámosvolas da maneira máis coñecida en todos os fogares, con leite, ovo, azúcre e canela.

TORRADAS DE LEITE

Ingredientes: Pan duro, leite, ovos, azúcre, canela en rama e en pó, e aceite de oliva.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Preparación:
Cortamos o pan en rebandas grosas de dous ou tres centímetros, metémolo nun cacharro fondo e cubrímolo co leite para que amolezan ben. Un truco para que quede máis saborosas é cocer o leite cunha ramiña de canela e unha cullerada de azúcre, e unha vez frío enchoupamos ben o pan.
Batemos os ovos e vamos pasando as rebandas empapadas de leite. Ó mesmo tempo vertemos o aceite de oliva nunha tixola e pómola ó lume. Cando o aceite estea ben quente comezamos a fritir as rebandas ata que queden douradiñas.
Apartámolas a un prato ou unha bandexa sobre papel absorvente para evitar o exceso de aceite.
Por último engadímoslle o azúcre e a canela, e a comelas!!