A Vendima 2015 xa está aquí!

Outro ano máis comezamos a vendima na Adega. Desta volta de xeito moito máis anticipado, pois aínda hoxe é 14 de setembro!

As condicións climatolóxicas deste ano fixéronnos adiantar a vendima, pois a maduración dos racimos estaba moi adiantada logo de todos estes meses de calor e de escasa choiva. Cuns azúcres e unha acidez moi compensados, agardamos que esta volva ser unha colleira excelente!

Mira a galería completa de imaxes neste enlace: Vendima 2015

Agora que xa remata o verán e por fin virá o frío toca traballar duro na adega!

Saúde 😉

Porta da Raíña 2014, dará moito que falar!

image

A primeira botella do Porta da Raíña'14

Contan os vellos que todo o bo se fai agardar… e nos somos moi tradicionais según para que cousas! Por iso deixamos repousar esta treixadura con moita paciencia e agarimo nas cubas primeiro, e na botella logo, sabedores de que o caldo se fai a fogo lento.

Variedade: Treixadura.

Zona de orixe: Froito da nosa viña de Sequeiros (Casardeita).

Elaboración: Edición limitada froito da selección das mellores uvas de treixadura, vendimado e transportado en caixas preservando a integridade da uva. Leve maceración en prensa, fermentación a temperaturas baixas para manter aromas.

Graduación alcólica: 13% vol.

Gastronomía: Mariscos, peixes azuis, aves de caza.

Temperatura de servizo: 11º C.