Galicia tenta promocionar os seus viños nunha gran feira

Os presidentes dos cinco consellos reguladores das denominacións de orixe propuxeron á Consellería de Medio Rural a necesidade de traballar nunha gran feira do viño en Galicia que sexa potente, capaz de atraer a outras denominacións de orixe do resto de España e, incluso, doutros países. A demanda vai ser estudada pola titular deste departamento autonómico, Rosa Quintana, para que ‘sexamos capaces de transmitir co viño unha maneira de ser que é a do galego, unha cultura, unhas tradicións e tamén unha calidade’, segundo sinalou.

mapa_d_o_galizaPolo momento, aínda falta por concretar a data da primeira edición así como o lugar de celebración, eso si, organizarase con independencia das que cada denominación programa nas súas respectivas zonas. O presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Miguel Viso, declaraba que ‘trátase de aunar esforzos e traballar en conxunto con independencia dos productos direfenciados que ofertamos, pero baixo o paraugas de Galicia’.

A conselleira adiantou que se van unificar criterios de promoción co resto de departamentos que teñen competencia en materia de enoturismo e promoción para traballar xuntos cara unha mesma dirección e potenciar así conxuntamente as rutas do viño. Ademáis está a traballar na creación dun selo de promoción único baixo o que se ampararán todolos produtos agroalimentarios de calidade de Galicia, sen que perdan a súa identidade propia.

A Ruta do Viño do Ribeiro xa está dispoñible para smartphones

EnoturGalicia é a nova app para smartphones presentada pola Xunta de Galicia para promover oenoturismo en Galicia. A aplicación pódese descargar de balde a través dos app stores de Iphone, Android ou Blackberry.

zoom_descargaA Ruta do Viño do Ribeiro, ao igual que oresto de Rutas dos Viños de Galicia, dispón do seu apartado específico con toda a información precisa para poder disfrutar dos diferentes servicios turísticos e enolóxicos neste territorio.

A aplicación ten dúas opcións: buscar os establecimentos por categorías (adegas, aloxamentos, comercio, restaurante, outros) ou ben localizalo no mapa.

A D.O. Ribeiro recibe o maior número de medaias na “Guía de viños, adegas e augardentes de Galicia 2013”

Este mércores presentouse en Ribadavia a “Guía de Vinos, Bodegas y Aguardientes de Galicia 2013”,nun acto no que participaron os adegueiros da Denominación de Orixe Ribeiro, e que estivo dirixido polo autor da guía, Luis Paadín e o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez.

ribeiro+luispadin

Son ademais os viños mellor puntuados, tanto na modalidade de brancos coma nos tintos.

A Denominación de Orixe Ribeiro colócase no punto máis alto do palmarés cun total de 14 viños con medalla de gran ouro (100-92 puntos), 13 de ouro (91-85 puntos), e 10 de prata (84-80 puntos); sendo ademais a denominación de orixe que acadou as mellores puntuacións absolutas.

Neste senso, o autor da guía sinalou que “o que está a acontecer no Ribeiro non ten precedentes…somos testemuñas dun momento histórico”, cando facía referencia ás elevadas cotas de calidade reflexadas polos viños do Ribeiro, e a como nun período curto de tempo estase a producir un importante salto á calidade “pois neste momento podemos enunciar un ampla abano de grandes viños no Ribeiro”. Outro feito destacado polo autor foi que neste salto cara á calidade non participan exclusivamente os pequenos produtores, tamén aparecen nas primeiras filas as grandes adegas, algo que queda reflexado nas medallas de gran ouro concedidas pola guía ás mesmas. Tamén subliñou as excelentes puntuacións colleitadas polos viños tintos do Ribeiro, as maiores en valor absoluto das cinco denominacións galegas; e indicou que é este outro dos expoñentes do cambio que se está a producir na D.O.

Fonte: Ribeiro.es, Ribeiro Dixital
Descargas: Palmarés Guía Viños Galegos 2013