Atención ao cliente 24 horas!

Queremos prestarche un servizo máis persoalizado e de mellor calidade polo que che ofrecemos a posibilidade de conectarte con nós no Twitter. Ahí estamos sempre abertos!

wpid-wp-1447414672608.png

Así que xa sabes, se tes preguntas ou comentarios que facernos, mándanos un tweet a @AdegaMariaPilar!

Advertisements

Samaín: A lenda da cabaza

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

image

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.

Os celtas, antigos habitantes de terras galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Ao chegar os días escuros do outono celebraban a chegada do ano novo e a súa festa na honra dos defuntos.

No Samaín, un dos seus costumes era poñer unha candea acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.

Xa hai moitos séculos que tal tradición se perdeu, máis hoxe en día aínda fica o costume de tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.

Co tempo, o cristianismo designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.

Fonte: IES Santa María do Mar

A Vendima 2015 xa está aquí!

Outro ano máis comezamos a vendima na Adega. Desta volta de xeito moito máis anticipado, pois aínda hoxe é 14 de setembro!

As condicións climatolóxicas deste ano fixéronnos adiantar a vendima, pois a maduración dos racimos estaba moi adiantada logo de todos estes meses de calor e de escasa choiva. Cuns azúcres e unha acidez moi compensados, agardamos que esta volva ser unha colleira excelente!

Mira a galería completa de imaxes neste enlace: Vendima 2015

Agora que xa remata o verán e por fin virá o frío toca traballar duro na adega!

Saúde 😉