Desexos de felicidade para disfrutar destas Senlleiras festas!

Un ano máis dende Adega María do Pilar queremos desexarche un feliz nadal e un próspero ano novo, e que recibas estas senlleiras datas con toda a saúde do mundo para poderes disfrutar ao cen por cen da boa compañía que ben seguro che ofrecerán familia e amigos.

E que mellor maneira de felicitarte que recordando a colaboración cos rapaces tan trangalleiros e bulideiros de Os da Ría! Estes mozos conseguiron que este 2013 fose un gran ano grazas ao humor e ao empeño que lle poñen a todo o que fan. Esa maneira de facer as cousas ten que ser o camiño que deberiamos seguir para acadar as nosas metas!

Dende o interior do noso corazón envíoche os máis agarimosos desexos de paz e felicidade para que disfrutes destas senlleiras datas! Bo nadal!!

PostalSenlleiro2014-2

A “Xira Senlleira” de Os da Ría chega a Pontevedra

Os da Ría regresan a Pontevedra un ano despois de presentar en Culturgal o seu Disco Díscolo (un traballo subvencionado a través dunha campaña de crowdfunding), como punto culminante da súa “Xira Senlleira” por toda a comunidade, donde tamén nos avanzarán algúns temas no seu novo proxecto musical “Non é país para xovens”.

concerto pontevedraNa sala de prensa do Concello de Pontevedra, Carlos Meixide e Tomás Lijó, os dous rapaces que están detrás do grupo humorístico-musical galego Os da Ría, presentaron o concerto que ofrecerán mañá no Teatro Principal e abriron unha botella de viño do Ribeiro exactamente igual á que recibiron os ‘mecenas’ do seu ‘Disco díscolo’, un traballo subvencionado a través dunha campaña de crowdfunding e presentando no Culturgal do ano pasado exactamente así, entre dúas botellas de viño. “É verdade. Presentámolo en Pontevedra. Así que dalgunha maneira co concerto do sábado pechamos un círculo”, comentaron ao tempo que avanzaron que no vindeiro Culturgal, que se celebrará no Recinto Feiral dende o 30 de novembro, servirá para lanzar a campaña de crowdfunding do seu novo álbum. “O primeiro disco galego adicado directamente aos vellos: Non é país para xovens”.

Algún dos temas novos do dúo caerá no concerto do Principal. Puxeron como exemplo Galegos de ben. Aínda que o repertorio, que interpretarán acompañados dos seus músicos habituais e da banda de “ventosidades” Os homes sen medo, estará baseado nos seus “grandes xites: Caramba que guapa estás GaliciaInfanta Elena ou Fernando Ónega”.

Podedes mercar as entradas na páxina de Servinova facendo click aquí: Os da Ría – Xira Senlleira

Fontes: Os da Ría, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra

La Voz? no no! As voces de Os da Ría en “Íntimos”

O Café Cultural Auriense e Os da Ría organizan para a noite deste venres 27 de setembro, o concerto máis trangalleiro, dende o territorio do absurdo, da crítica máis ácida e da parodia da vida social, cultural e política do país, nun espectáculo ao que o público nunca é indiferente. Será ás 21.30 horas no senlleiro café situado na Praza do Correxidor.

osdaria+intimos+aurienseE quen mellor para presentarvos o concerto que Tomás Lijó e Carlos Meixide!:

Sempre é un góstele grandeiro volvedelar as terras de as Búrgolas, e é en aisí que enquereimos compartilladelar con o noso púbrico ourensán unha xonrada úñeca, íntima e sobranceira, para que coaseque nos podaimos tocadelar, bicadelar e nos funtarmonosnos cremita. Este vénroles, edeseguro que vai ser ben gorencioso, non falteindes!”

E agora, con toda esta información… aínda non mercastedes a entrada?

Reservas: Café Cultural Auriense