A madrugar, que estamos de vendima!

Outro ano máis aquí estamos vendimando como posesos, e é que hai que recoller as uviñas para poder facer ese Ribeiro tan senlleiro, que vos gusta tanto a todos! Cunha saúde estupenda dos racimos e unha climatoloxía tan boa… que máis podemos pedir?!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Comezamos recollendo as uvas de treixadura, pois son as que mellor maduración acadaron e as que temos que tratar con máis agarimo para elaborar con elas a edición limitada de Porta da Raíña. Logo seguimos recolectando as uvas de Godello e Albariño, que certamente atopánse nun estado de acidez e azúcres moi adecuado, grazas ao que contamos con que o Senlleiro 2014 sexa moi equilibrado.

E rematamos a vendima un ano máis vendimando o tinto! Mencías, Brancellao e os últimos en chegar as nosas viñas, Sousón e Caíño, todos coa lixeira sobremaduración que todos os anos agardamos para conferirlle eses aromas de regaliz ao noso viño Rechamante, un tinto das montañas do Ribeiro!

Xa chegou o tempo da vendima!

Da gusto comezar a recoller a uva con este clima tan marabilloso que nos acompaña dende o día de San Froilán, non se trabucaban as prediccións do tempo que tanto consultavamos nestes días pasados! Éche ben certo, na viña como en todo, hai que saber agardar o momento preciso para cada cousa, non vos parece?

Nestas diapositivas podedes observar como vai o proceso, paso a paso, destes brancos colleita 2013 que comezamos a elaborar.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Mira o albúm “Vendima 2013” tamén en Google+

Como vedes nesta semana a adega atópase mergullada de cheo na vendima, nestes primeiros días colleitando as uvas brancas de treixadura e albariño, para logo seguir co godello e rematar en vindeiras datas apañando as tintas mencía, brancellao e sousón. A ver se aguanta o bo tempo! jeje 😉

Planeando o comezo da vendima!

Andamos mergullados en días de preparativos na adega lavando cubas, prensa, mangueiras e demáis aparellos, e de preparativos tamén na viña, quitando follas de diante das uvas para recoller con máis facilidade o froito e agardando que chovera, como así ocorreu, para que os racimos se hidrataran logo dun verán bastante seco.

E como non se pode un olvidar da climatoloxía, agora é hora de botar man das novas tecnoloxías para consultar a predicción do tempo, non vaia ser que nos mollemos coma pitos! jeje.

(Consultando as prediccións para Castrelo nas App’s de Android: Meteoradar e Eltiempo.es)