A Vendima 2015 xa está aquí!

Outro ano máis comezamos a vendima na Adega. Desta volta de xeito moito máis anticipado, pois aínda hoxe é 14 de setembro!

As condicións climatolóxicas deste ano fixéronnos adiantar a vendima, pois a maduración dos racimos estaba moi adiantada logo de todos estes meses de calor e de escasa choiva. Cuns azúcres e unha acidez moi compensados, agardamos que esta volva ser unha colleira excelente!

Mira a galería completa de imaxes neste enlace: Vendima 2015

Agora que xa remata o verán e por fin virá o frío toca traballar duro na adega!

Saúde 😉

Exito na II edición do Ribeiro Blues!

Foi un verdadeiro gusto poder participar de novo nesta segunda edición do Ribeiro Blues Wine Festival. Unha oportunidade maravillosa para desfrutar da boa música, o viño tan senlleiro desta comarca, e como non, do fermoso entorno do Náutico de Castrelo.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ademáis das imaxes tamén queremos compartir con vós o incrible video que fixeron as mozas de A&B comunicación.

Ata o ano que vén! 😉

Porta da Raíña 2014, dará moito que falar!

image

A primeira botella do Porta da Raíña'14

Contan os vellos que todo o bo se fai agardar… e nos somos moi tradicionais según para que cousas! Por iso deixamos repousar esta treixadura con moita paciencia e agarimo nas cubas primeiro, e na botella logo, sabedores de que o caldo se fai a fogo lento.

Variedade: Treixadura.

Zona de orixe: Froito da nosa viña de Sequeiros (Casardeita).

Elaboración: Edición limitada froito da selección das mellores uvas de treixadura, vendimado e transportado en caixas preservando a integridade da uva. Leve maceración en prensa, fermentación a temperaturas baixas para manter aromas.

Graduación alcólica: 13% vol.

Gastronomía: Mariscos, peixes azuis, aves de caza.

Temperatura de servizo: 11º C.