Sobremesas de Oriente: Doces exipcios

Grazas a convivencia entre xudíos e cristiáns que na Idade Media existiu na comarca do Ribeiro (máis concretamente na súa capital Ribadavia), e tamén grazas ó contacto mantido coa cultura islámica de Al-Andalus na mesma época histórica, chegaron ata nós moitos dos sabores da repostería hebrea e árabe que doutra meneira teríanse perdido e que de forma tan rica e variada constitúen parte da nosa historia e dos nosos costumes.

A convivencia das tres culturas foi un elemento fundamental e foron as especias e a combinación dos ingredientes o que fixo mellorar e favorecer o desenrrolo dos sabores, mezclando deliciosamente os aromas. Para transmitir esta cultura culinaria hoxe queremos ensinarvos como se elaboran estes suculentos doces Exipcios.

Doces exipcios– Ingredientes:
150 g. de manteiga
300 g. de fariña de trigo
1 cullerada de auga de azahar
50 ml. de aceite de oliva
1 cullerada de azúcre
1 chisca de sal
Azúcre glass para decorar

– Para o recheo:
250 g. de dátiles moídos
2 culleradas de azúcre
1 cullerada de auga de azahar
1 cullerada pequena de canela en pó
1 chisca de clavo moído
1 cullerada de manteiga

– Elaboración:
Traballamos suavemente a manteiga, o aceite, a auga de azahar, o azúcre e a chisca de sal. Logo engadimos a fariña pouco a pouco ata conseguir unha masa de consistencia blanda pero non pegañenta, e deixamos repousar a masa 15 minutos.
Mentras tanto mezclamos nun cacharro todos os ingredientes do recheo de dátiles e reservamos esta crema.
A continuación dividimos a masa en porcións moi pequenas en forma ovalada, a cada porción dámoslle a feitura dunha croqueta á que lle facemos un buratiño que enchemos coa crema de dátiles. Cerramos ben a croqueta para que non saia o recheo durante a cocción e colocámolas nunha bandexa de forno sobre papel antiadherente.
Agora co forno previamente quentado a 180º cocémolas durante 9 minutos, é importante non deixar que se douren! E por último unha vez frías envolvémolas moi delicadamente con moito azúcre glass e servímolas.

Unha sobremesa deliciosa!

Descarga ésta e máis receitas no noso Receitario!